As Neves | Dende o pasado mércores día 17, uns 38 veciños e veciñas da Communauté de Communes Sud-Retz Atlantique, en Francia, rexión que está irmandada as Neves, visitaron o noso concello e estiveron aloxados en casas particulares do mesmo.
Dende 2003 esta comunidade francesa está unida co concello nevense, que mantén unha importante colonia de emigrantes, que xa teñen fillos e netos, en varios concellos desta rexión de Francia.
Este irmanamento, asinado nas Neves en 2003 e ratificado en Francia en 2004, certifica o especial vencello entre o noso concello e o país galo, ao que emigraron numerosas veciños das Neves durante boa parte da segunda metade do século pasado e no que existen importantes comunidades de nevenses que teñen fillos e netos nacidos Francia.
Os actos deste ano, organizados pola Asociación Cultural Amigos do Lura Atlántico Meridional, coa colaboración do Concello das Neves, a Deputación de Pontevedra e a Cámara Municipal de Melgaço, abrangueron numerosas actividades, que terán continuidade en 2024, cando veciños das Neves visiten Francia.
Os participantes viaxaron ata Ribadavia, estiveron no Museo do Viño e coñeceron Ourense; tamén acudiron, acompañados polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, á vila portuguesa de Melgaço, onde foron recibidos, xunto coas familias nevenses de acollida, polo presidente da Cámara Municipal, Manoel Batista.
Tamén puideron coñecer o Museo da Fronteira e o Museo do Cinema. Pola noite, asistiron ao concerto do grupo Caldo, na Adega Viña Nora.
Este sábado pasado, tivo lugar o acto oficial de saúdo, presidio polo alcalde, no Xardín do Miradoiro, nas Neves, que fora replantado no ano 2019 grazas á doazón de 1.500 euros e 9 árbores da especie ‘gimko’, por parte da Association des Amis d’Neves e os concellos de Legé, Touvois e Corcoué sur Logne.
Xosé Manuel Rodríguez deulles a benvida, agradecue a súa amizade de todos estes anos, a súa atención e solidariedade durante os lumes que arrasaron As Neves durante 2017, a súa proximidade e simpatía e lembrou a ás veciñas e veciños das Neves que fixeron a súa vida en Francia sen esquecer o seu lugar de orixe, ao que volven coas súas familias e onde, moitos, conservan as súas casas, todo o cal creou un lazo moi especial entre os dous territorios.