Pontevedra | Un programa de ocio alternativo, lúdico-formativo para a mocidade, cunha oferta de actividades moi variada e baseado en valores de convivencia, igualdade, respecto ao ambiente, promoción da actividade física e de coñecemento do patrimonio cultural. Nestes termos falou Alberto Oubiña, concelleiro de Xuventude, de PonteVerán durante a presentación da programación para este ano.
“Calidade, cantidade e diversidade” definen a PonteVerán, resume Alberto Oubiña
Campamentos e estadías; actividades culturais, deportivas e no medio natural, actividades formativas e actividades específicas no Local de música artellan a programación de PonteVerán, que este ano chega con novidades e unha cita terrorífica: o 31 de xullo, mozos e mozas de 16 a 35 anos farán de Pontevedra “Terra de zombies”.
Segundo explicou Alberto Oubiña nesta edición “atendendo a demanda que temos dende hai tempo” incorpórase á oferta de PonteVerán varios obradoiros e cursos relacionados coas novas tecnoloxías (de robótica, holografía e VR,…). Non hai que esquecer, engadiu o concelleiro de Xuventude, que “xa temos máis dunha xeración nativa dixital”.
O programación de PonteVerán vai dirixida a nenos/as e mozos/as de 8 a 35 anos. As máis das actividades son gratuítas xa que “as cuestións económicas non deben ser razón para non participar”, sinala Oubiña.
As solicitudes para participar nas actividades de PonteVerán poden facerse a partir do 11 de xuño en: apuntate.pontevedra.gal