Salceda | Os Concellos de Salceda de Caselas, Arbo, Crecente, As Neves, Tui, Salvaterra de Miño, O Porriño e Mondariz veñen de emitir un comunicado conxunto anunciando a non apertura das instala cións das piscinas municipais este verán como medida ante a pandemia da COVID 19. A decisión tómase tras unha exhaustiva análise da situación, unha vez se recibiron os protocolos elaborados dende o Ministerio de Sanidade, que establecen unhas condicións ás que a día de hoxe dificilmente poden acceder os diferentes Concellos pola multitude de normas que recollen: as contínuas labores de limpeza e desinfección, a distancia de seguridade de dous metros establecida entre as persoas usuarias das piscinas, as limitacións do tempo de permanencia nas instalacións ou a limitación do aforo a un tercio como máximo fai que o acceso ás piscinas se convirta case nun privilexio ao que pouca xente poderia optar.
Os protocolos establecidos dende o Ministerio de Sanidade fan practicamente imposible a apertura
das instalacións con tódalas garantías sanitarias precisas.
A decisión, tomada de xeito conxunto polos diferentes Concellos, primou ante todo a seguridade da veciñanza que acuda ás piscinas municipais. Tamén se tivo en conta o obxectivo fundamental destas instalacións de lecer: que as persoas vaian disfrutar dun momento de tranquilidade, o cal tamén se vería interrumpido polas contínuas labores de desinfección e limpeza que se terían que levar a cabo obrigato riamente, así como polas restriccións de usos de instalacións precisas como aseos, duchas e vestiarios.
Para estes Concellos é fundamental garantir a seguridade da veciñanza, polo que de abrirse as instalacións aplicaríanse con rigor as medidas establecidas, o que imposibilitaría o desfrute por maior número de veciñas e veciños, que non poderían usar as mesmas ou, de facelo, terían que observar as normas restrictivas de uso, por mor do Covid 19.
O peche será aproveitado polos Concellos para acometer as melloras precisas para que as piscinas municipais poidan volver abrir cando a situación así o permita, e poidan facelo con tódalas garantías sanitarias precisas.
Os alcaldes e alcaldesas
Horacio Gil Expósito (Arbo), Xose Manuel Rodríguez Méndez (As Neves), Julio C. García-Luengo Pérez (Crecente), Xose Emilio Barros (Mondariz), Eva García de la Torre (Porriño), Loli Castiñeira (Salceda de Caselas), Marta Valcárcel Gómez (Salvaterra de Miño), Enrique Cabaleiro González (Tui)