Mos | Por segundo ano consecutivo, desde o 23 de maio ao 13 de xuño, as rosas de Mos serán as protagonistas do noso municipio.
Como antesala á Festa da Rosa, cuxa programación cultural dará comezo o vindeiro 9 de xuño, 14 asociacións culturais e veciñais acollerán por segundo ano consecutivo os cursos de Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea. Ademáis todos/as os/as alumnos/as participarán destes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación. Encheremos as redes de rosas potenciando o símbolo do noso escudo.
Teremos moita rivalidade entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio dia 13 xa que nas bases desta edición, recóllese novamente un premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses e un premio á mellor rosa de Mos.
Na primeira edición celebrada o ano pasado máis de 200 persoas participaron nos obradoiros As Nosas Rosas nas Parroquias, que desde o Concello de Mos organizáronse como preámbulo á Festa da Rosa.
Ao igual que en 2022, este ano as fotografías das rosas que os/as alumnos/as dos cursos presenten nas asociacións das súas respectivas parroquias encherán as redes sociais municipais potenciando o símbolo do escudo do Concello.
Deste xeito foméntase unha rivalidade e competitividade sá entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio día 13 de xuño, xa que no Concurso de Rosas do Día da Rosa inclúese novamente o premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación.