Tomiño | O pasado sábado 12 de marzo, a Agrupación Socialista de Tomiño celebrou Asemblea Xeral Extraordinaria para elexir á nova Comisión Executiva Local, na que contamos coa presenza de Fini Silva, secretaria da militancia do Comité do PSdeG-PSOE de Pontevedra.
A Asemblea comenzou cun rotundo rexeitamento á guerra así como toda a solidaridade coas vítimas dos socialistas tomiñeses.
A nova Dirección, integrada por oito membros foi aprobada por aclamación dos e das militantes presentes.
As e os socialistas inician esta nova etapa baixo o liderazgo de Violeta de Santiago Moure, que seguirá asumindo as funcións de máxima representación e responsabilidade do Partido Socialista de Tomiño.
A número dous será Mirta Isabel Misa Misa, que asume as responsabilidades de Organización do Partido, Educación e Igualdade.
Así mesmo, formarán parte da nova Executiva Local:
Enrique Gándara Gómez como Presidente de Honra.
Nandi de Santiago Moure será a nova responsable das áreas de Política Municipal, Cultura e Deporte.
Mario Fernando Pino Alonso asume a Secretaría de Acción electoral e Administración Financeira.
Jaime Cerviño Vilanova na Secretaría de Acción Rural e ao mesmo tempo desempeñará as funcións de ser o Representante de Tomiño no Comité Provincial de Pontevedra.
María de Carmen Argibay Rolán na Secretaría de Xuventude.
Ana Isabel Silva Míguez na Secretaría de Sanidade e Asuntos Sociais.
Coa renovación do Órgano local, o PSdeG-PSOE de Tomiño encara o futuro con ilusión, optimismo e forza para seguir traballando a carón da veciñanza de todas e cada unha das Parroquias do Concello, que tan esquecidas están polo Goberno do BNG.