A Guarda | As negociacións formais iniciáronse a principios do 2022 e deron lugar, despois dun longo proceso de reunións e de negociación, a que o concello da Guarda conte co II Convenio Colectivo e co II Acordo Regulador para funcionarios.
Este novo convenio colectivo para o persoal laboral inclúe, por primeira vez, unha táboa salarial. Hai que indicar que os anteriores documentos databan de 2007 e que precisaban dunha adecuación á nova normativa así como unha clarificación nos dereitos e obrigas dos traballadores municipais.
Para o concello da Guarda, en palabras do alcalde, Antonio Lomba, “foi un proceso longo e complicado, pero no que sempre estivo presente un ambiente de diálogo e de talante conciliador para chegar a bo porto, agradecer aos representantes dos sindicatos e aos representantes dos traballadores o seu traballo e os esforzos que posibilitaron estes acordos, hai que indicar que o Convenio Colectivo para laborais acadou o voto unánime dos representantes dos traballadores e que o novo Acordo Regulador para funcionarios acadou o voto unánime dos representantes dos sindicatos”
Agora estes acordos deberán ser sometidos á aprobación por parte do Pleno da corporación municipal.