Redondela | A Asociación de Empresarios de Redondela leva adiante un Programa Integrado de Emprego que comprende catro itinerarios formativos, entre os que destaca o de Novas Tecnoloxías.
O proxecto comprende ata catro itinerarios formativos entre os que destaca o de Novas Tecnoloxías con accións piloto que buscarán desenvolver habilidades para novas profesións baseadas na tecnoloxía.
O 45% dos participantes serán persoas novas e un 15% estarán reservadas a persoas maiores de 45 anos.
Ademais o proxecto contempla itinerarios de apoio ao autoemprego o que abre un importante apoio a posta en marcha de novos proxecto de emprendemento empresarial que ao contrario do que se podería pensar están a experimentar un importante auxe sendo cada día mais as demandas de asesoramento nos últimos meses.
Este tipo de programa de acompañamento á persoas desempregadas son unha gran oportunidade para relanzarse profesionalmente e contar cun asesoramento personalizado para trazar os obxectivos profesionais.
As solicitudes para participar no programa poden tramitarse a través da web www.empresasredondela.gal ou nos enderezos e teléfonos habituais da entidade.
Os colectivos cos que se traballará neste plan de emprego son:
– Persoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación: 40
– Persoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas: 5
– Persoas desempregadas maiores de 45: 15
– Mulleres desempregadas: 40
TOTAL: 100
Principais Materias del programa:
Neste programa a formación xoga un papel clave para a mellora das competencias profesionais de cada persoa usuaria, e deseñase coa intención de situar as persoas usuarias en mellores condicións de partida tanto para o acceso como para o mantemento do emprego.
As Novas tecnoloxías da información e a comunicación xogarán un papel crucial en todos procesos formativos.
O proxecto contará como punto de partida con formación prelaboral, e dicir, aquela dirixida a adquisición de competencias persoais e sociais. Este tipo de formación será administrada como píldoras formativas de curta que terán como obxectivo o posicionamento no mercado laboral, a mellora da autoestima e a formulación dunha busca de emprego activa a través das novas tecnoloxías.
- Coñecemento de habilidades persoais e sociais para o emprego (Carta de presentación, C.V., entrevista de traballo, intelixencia emocional, técnicas de coaching, etc)
- Coñecemento de recursos para o emprego (en colaboración con outras entidades, darase difusión a distintos programas como Rede Eures, ETT´s, charlas de empresas, etc)
- TIC´S aplicadas a busca de emprego.
- Formación lingüística.
- Preparación para a proba teórica do carné de conducir.
- Fomento da capacidade emprendedora (talleres de emprendemento activo).
Os tres itinerarios formativos tocan as materias de: comercio, turismo, administración e Novas tecnoloxías e estará acampañados dun programa de práctica laboral, no que se abordarán materias como: xestión e contro do aprovisionamento, marketing dixital e comercio electrónico, operación auxiliares de servizos administrativos ou robótica.
Pola súa banda tamén haberá un Programa de acompañamento á empresas que comprenderá servizos tales como: realización de procesos de preselección, seguimento de persoas incorporadas, fomento e asesoramento en Responsabilidade Social Empresarial, convenios en prácticas, colaboración no deseño e implantación de accións formativas específicas para a cobertura de postos de traballo.