Santiago de Compostela | A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, REXEITA A MEDALLA DE OURO DE GALICIA 2021, outorgada polo Goberno Galego aos profesionais que están axudando a saír do túnel da COVID a través da vacinación.
“A nosa Asociación considera unha burla e unha manobra de marketing político a concesión desta medalla”
A nosa Asociación considera unha burla e unha manobra de marketing político a concesión desta medalla coa que pretende recoñecer o traballo do persoal da sanidade pública durante a pandemia, mentres o SERGAS perpetúa unhas condicións laborais de gran precariedade e inestabilidade e mantén os recortes salariais introducidos a partires do ano 2010.
Hai que recordar, que unha das primeiras medidas que adoptou Feijoo á súa chegada ao goberno, foi a de “conxelar os salarios ao persoal da Sanidade Pública Galega” durante os exercicios do 2010, 2011 e 2012. Esta decisión, adiantou os recortes contemplados na Lei de Medidas de Estabilidade Orzamentaria que rebaixou as condicións laborais e retributivas de todo o persoal dependente das administracións públicas.
“O persoal sanitario Galego exixiu que a Xunta aplicara no sistema sanitario público os Acordos de Mellora Salarial e o dereito a Carreira Profesional do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza”
O persoal sanitario Galego exixiu que a Xunta aplicara no sistema sanitario público os Acordos de Mellora Salarial e o dereito a Carreira Profesional do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza, que sigue sen negociar un acordo (na Mesa Sectorial do persoal) para devolver os recortes salariais e os 5 dias de Libre Disposición, acumulados nese período
Nosa Asociación exiximos que o SERGAS devolva os salarios que o persoal tiña que ter percibido, para equiparar as súas condicións o resto do persoal da administración pública Galega á media dos demais servizos de saúde do Estado.
Menos medallas honoríficas e máis medidas para devolver os dereitos recortados.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.