Mos | Din os voluntarios e voluntarias da Asociación “Mos Axuda” que a ilusión está presente desde o día que se está preparando ata que se recollen as últimas físgoas do Nadal, “aquela na que temos en mente o sorriso inocente de todos os nenos e nenas ao recibir un dos agasallos que desde “Mos Axuda” entregamos con tanto agarimo e respecto”.
“E é que hai tanto por facer para os máis pequenos que sempre temos a sensación de que é insuficiente. Por iso, queremos seguir contribuíndo e colaborando, tanto na campaña ningun neno sen agasallo como na recollida de comida non perecedoira para o Banco de Alimentos “Mos Axuda”” afirman os voluntarios.
A Agrupación “Mos Axuda” formada por voluntarios de todas as idades como Sara, Julio, Maria, Andrea; Protección Civil e o Concello de Mos, iniciou o pasado sábado a “Campaña solidaria de nadal” coa recollida de alimentos, que foron doados polos veciños nos supermercados do municipio: Lidl, Eroski e Gadis.
“Mos Axuda” é un proxecto do Concello de Mos nacido en 2015 como unha organización de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais.
Seguindo coa súa traxectoria e perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, inicia a campaña de Nadal 2021 solicitando a colaboración de todos os centros educativos, empresas, autónomos, veciños e veciñas nesta datas de Nadal tratándose ademais dunha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias despois do COVID-19.
Como colaborar
Os voluntaria/os de “Mos Axuda” xa están dende o pasado sábado a traballar nunha GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS polo que solicitan a axuda de todas as empresas e veciñanza, facendo unha doazón de alimentos antes do 20 de decembro. As persoas interesadas en colaborar neste programa, poden avisar para que os voluntaria/os pasen pola súa empresa, centro educativo… no día e hora que indiquen, a recoller as doazóns.
Tamén poden entregalas no almacén de “Mos Axuda”, situado na Avd. de Puxeiros a Peinador, chamando anteriormente ó número de teléfono: 627 133 828.
Por outro lado traballan tamén no proxecto NINGUN NENO/A SEN AGASALLO: esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun neno/a este Nadal quede sen facerse realidade. (O listado de nenos/as é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais) trátase de mercar o regalo que aparece na carta do cativo/a e que posteriormente se entregue nas oficinas da Axencia de Colocación de Mos (Edificio administrativo na estrada Puxeiros a Peinador) antes do 30 de decembro, indicando no paquete o número da carta asignada.
Si desexa recibir unha destas carta dun neno/a de Mos, pode solicitala a través do seguinte enderezo: mosaxuda@concellomos.es. Se vostede prefire realizar unha DOAZÓN ECONÓMICA para a compra de ALIMENTOS e AGASALLOS: pode facer un ingreso solidario no numero de conta que lle facilitarán os voluntarios de “Mos Axuda”.
Teléfonos de información de “Mos Axuda”:
627 13 38 28 – 670 88 37 30