Tomiño | Este programa foi posible grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia coa concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e xestionado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
O recurso existente no Baixo Miño ofertado dende a Mancomunidade está destinado a menores de 6 anos de idade. Este conta con profesionais das áreas de Psicoloxía, Logopedia e Fisioterapia. Vontade, apoia e complementa este recurso de Atención Temperá ofertando o servizo de Terapia Ocupacional, do que se beneficiaron 39 nenas e nenos. Coa finalidade de proporcionar a mellor atención, prestáronse servizos especializados e de prevención tanto a familias como á infancia con dificultades do desenvolvemento ou con risco de padecelas.
O obxectivo principal foi lograr a máxima autonomía posible na realización das distintas actividades da vida diaria, traballouse, sempre que foi posible, a través do xogo, facendo fincapé no correcto desenvolvemento da motricidade fina, mellora da grafomotricidade, aumento da autonomía, favorecendo as funcións executivas e o traballo das habilidades psicosociais, empregandoo en función das súas necesidades.
Para poder levar a cabo este servizo contou coa financiación de 20.000€ da Xunta de Galicia procedentes da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.
Grazas ás persoas que marcaron a X Solidaria na declaración da renda, no recadro “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, conséguese que proxectos como o de Vontade poidan seguir desenvolvéndose e asegurar desta maneira a consecución dos obxectivos de vida.
Vontade é unha a asociación sen ánimo de lucro que nace en 2003 ante as necesidades comúns de servizos especializados demandados por persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño. Dende a entidade se traballa para defender os dereitos deste colectivo ofrecendo os recursos precisos para fomentar a autonomía e autorrealización persoal e a inclusión social.
Dende o noso centro de recursos para persoas con discapacidade situado en Tomiño, ofrecemos distintos servizos (Centro diúrno-terapéutico, atención á infancia, información e asesoramento, terapias individualizadas, etc.) dende as seguintes áreas profesionais: Educación Social, Fisioterapia, Logopedia, Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Traballo Social.
A Asociación de persoas con Discapacidade Vontade atópase situada no barrio A Rocha 19B en Tomiño, 36740. Pódese contactar connosco no número de teléfono 986.62.30.44 ou no enderezo electrónico info@vontade.org. Tamén se pode ter acceso a máis información na nosa páxina web www.vontade.org ou no noso perfil de Facebook @Asociación.Vontade.