A Guarda | O Centro Cultural acollerá exposición fotográfica «Ataraxia», da deseñadora gráfica Marina Alonso San Miguel, do 5 ao 28 de marzo. A mostra componse de 16 fotografías nas que se superpoñen elementos naturais e paisaxísticos con siluetas femininas en tons brancos e negros.
Segundo explica a autora, este traballo nace da súa afección polos viaxes e a fotografía, e componse de imaxes tomadas durante os seus percorridos por distintos lugares do mundo. O seu título, «Ataraxia», fai referencia ao estado anímico carente de temores ou inquedanzas que se pretende transmitir coas obras.
A exposición enmárcase dentro das actividades programadas pola Concellería de Cultura con motivo do Día Internacional das Mulleres, que se conmemora cada 8 de marzo. A mostra poderá visitarse en horario de mañá (de 10 a 13 h) e de tarde (15 a 20 h) de luns a venres, e os sábados en horario de mañá.