Arbo | É conveniencia e interese do Concello de Arbo contribuír ao impulso de medidas para fomentar a actividade económica e mais concretamente aquelas que apoien o mantemento do emprego na hostalaría de Arbo como axentes dinamizadores da economía na comunidade autónoma, cuxos negocios quedaron especialmente afectados polas limitacións ao desenvolvemento da actividade así como polos peches temporais destes establecementos reguladora na normativa sanitaria sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
O concello de Arbo adheriase no mes de marzo o convenio Tipo de Colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Emprego e Igualdade e así incrementar, con fondos propios do Concello de Arbo, as axudas ao sector da hostalería previstas no Plan de Rescate.
No municipio, foron 21 os negocios hostaleiros que demandaron estes apoios e que foron cobradas polos solicitantes a semana pasada. A incorporación supuxo que o Concello complementará as achegas autonómicas con outros 1.000 euros máis por local hostaleiro solicitante das subvencións lanzadas con cargo a fondos propios, de modo que o Concello Arbo destinou 21.000 euros á iniciativa.
A colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Arbo, supuxo que a Xunta era a encargada da tramitación e resolución das solicitudes, o que permitiu unha maior axilización do cobro das achegas aos hostaleiros.
Non e a única axuda que recibiron os hostaleiros de Arbo durante toda a pandemia. O Concello repartiu manteis individuais de promoción entre os locais e repartiu xel hidroalcolico e desinfectante, realizou unha campaña exhaustiva de promoción deste sector.
É seguindo a liña co resto das empresas de Arbo, concursos para dar a coñecer a hostalaria e adegas, con premios donde o custo foi asumido con fondos propios municipais. Asemesmo, o Concello priorizou e sigue priorizando as compras, servizos, obras…. ás empresas locais.