Baiona aspira crear unha comunidade enerxética

Charla informativa este 10 de abril sobre os servizos da OTC_DEPO

Baiona | O Concello de Baiona en colaboración coa Deputación de Pontevedra realiza unha xornada de información sobre as comunidades enerxéticas.

O vindeiro xoves, día 10 de abril ás 19h no auditorio do Multiusos Ángel Bedriñana celebrarase unha charla de difusión coa cal se pretende dar a coñecer á cidadanía os servizos da OTC_DEPO, así como a figura das Comunidades Enerxéticas (destinadas a persoas físicas, pe-quenas e medianas empresas diseminadas ou asentadas nun polígono industrial, administra-ción local, comunidades de montes, GAC, GDR e asociacións culturais e deportivas, entre ou-tras).

A xornada terá aproximadamente 1h de duración e asistirá o Deputado Javier Tourís, persoal técnico responsable do proxecto e os representantes da empresa adxudicataria do proxecto, ademais do Alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuiña.

Ao finalizar o mesmo teremos unha rolda de preguntas para liquidar as dúbidas ou realizar pre-guntas sobre as comunidades enerxéticas e a súa implantación na nosa vila, tanto para a inicia-ción, financiamento ou adhesión a algunha das comunidades enerxéticas que se poñerán en marcha proximamente.

Desde o concello de Baiona animamos a todos os veciños, empresas e organizacións a asistir a este evento, xa que é unha gran oportunidade para empezar a introducirse no mundo das comunidades enerxéticas co aforro nas facturas da corrente eléctrica que iso conleva.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.