Baiona exalta o 532 aniversario da Arribada

50 aniversario do irmandamento con Palos de Frontera

Baiona | O acto de exaltación do 532 aniversario da Arribada, a chegada a Baiona da Carabela La Pinta en 1493, congregou a importantes autoridades invitadas polo Alcalde Jesús Vázquez Almuíña, destacando o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, os presidentes das Deputacións de Pontevedra e de Huelva, altos cargos de seguridade do Estado e do ministerio de Defensa, representantes consulares e o Alcalde de Palos de Frontera, vila irmandada con Baiona, entre outros.

No seu discurso, Almuíña destacou o papel que hoxe xogan os irmandamentos “fundamental e semellante ás das misión marítimo-comerciais de entón, axudando a engrandecer a nova Real Vila e impulsar unha nova proxección internacional”. Salientou tamén o 50 aniversario do irmandamento con Palos de Frontera “que hoxe celebramos neste lugar emblemático por estar aos pés da escultura de Alonso Pinzón, doada polo Excmo. Ayuntamiento de Palos”. Baiona ten tamén irmandamentos con Santa Fe de la Vega (España), Pornic (Francia), Rafael Freyre (Cuba) e Vila do Bispo (Portugal)

Dentro do programa da XXIX edición da Festa da Arribada que se celebra os días 1 e 2 de marzo destacan o tradicional Real Mercado Medieval, presentación de libros, exposicións, conferencias, obradoiros, espectáculos máxicos, contacontos, o MegaXadrez infantil; vídeo mapping, teatro, pasarrúas de música medieval, música antiga e batucadas, exhibicions de esgrima medieval, tiro ao arco, cetrería e torneo medieval

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.