Tomiño | A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño convoca á todos os veciños/as a unha concentración este mércores día 23 de Marzo ás 20h. A modo de “Perfomance” representaremos a agonía que está padecendo a Atención Primaria no noso centro e a Sanidade Pública en Xeral.
Denunciamos que a semana pasada só consultaban 2 médicos dos 8 que hai. Os facultativos non dan abasto porque non se cubren as baixas nin se mandan sustitutos. Dous anos despois o Consultorio de Goián segue pechado e as administracións non dan resposta. A médica de Goián que consultaba no centro de saúde de Tomiño está de baixa dende Xaneiro e non ten sustituto nin se lle espera. O xerente da Área Sanitaria de Vigo NON cumpliu ningunha das nosas reivindicacións, todo o contrario.
O centro de saúde de Tomiño ten cada vez menos facultativos, o que provoca que os veciños/as estean colapsando as urxencias do PAC de Tui con doenzas que se deberían consultar e supervisar polo noso médico de cabeceira.
Cada vez están desmantelando mais a atención primaria porta da sanidade pública e dirixindo á cidadanía cara a sanidade privada. Os tempos son convulsos, pero a saúde é o ben mais preciado que temos, por isos facemos un chamamento a esta concentración en favor da nosa atención primaria.
Pola túa saúde ACUDE o mércores ás 20h. ao Centro de Saúde de Tomiño e se podes LEVA UNHA VELA.
Concentración na Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a veciñanza a participar na Concentración en defensa da Sanidade Pública convocada por todas as Plataformas en Defensa da Sanidade da Área Sanitaria de Vigo o próximo xoves día 24 de marzo ás 11.30 da mañá diante do edificio da Xunta de Galiza en Vigo. Sairán autobuses gratuítos desde a comarca e calquera persoa que queira participar pode anotarse chamando ao 986 610465.
Desde a Plataforma Guardesa manifestamos que o nível de deterioro da Sanidade Pública requere respostas conxuntas da cidadanía para premer a Xunta de Galiza diante do deterioro progresivo ao que levan sometendo este servizo público esencial.
A Plataforma está convencida que só coa mobilización da cidadanía imos ser capaces de frear o deterioro da sanidade e afianzar certos logros como o que acabamos de conseguir despois de moita presión e moitas mobilizacións. Transitoriamente o PAC da Guarda ven de ser dotado cun nova/o médica/o para urxencias. Considerámolo un logro importante e felicitámonos por telo conseguido, pero é unha medida incompleta porque tería que vir acompañado por un/unha enfermeira/o adicional que complete este segundo equipo de urxencias e debemos manternos vixilantes para que non se revirta esta decisión.
Continuamos esixindo, asimesmo, a cobertura completa das ausencias do Centro de Saúde e a dotación dunha ambulancia medicalizada para o Baixo Miño.