Ponteareas | O xurado dos Premios da Cultura Galega 2023 reuniuse en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.
A categoría de Música foi para Ponteareas, sendo seleccionada a Banda de Música Unión de Guláns. No resto das categorías os premiados foron os seguintes:
Letras: Yolanda Castaño
Artes Visuais: Museo do Gravado á Estampa Dixital
Artes Escénicas: PistaCatro
Audiovisual: Portocabo
Lingua: Asociación Ponte…nas Ondas!
Patrimonio Cultural: Eduardo Pardo de Guevara
Proxección Exterior: Cursos de Verán Galego sen Fronteiras