Bandas de música, orquestras e procesións na Virxe da Saleta en Cea

A comisión entregou ovos a Santa Clara para conseguir boas festas

Cea | San Cristovo de Cea (Ourense) celebra desde o día 20 ao 23 de setembro as festas en honra da Virxe da Saleta.

Os actos relixiosos comezan o venres día 13, ata o sábado día 21, coa novena ás 7.30 pm. O día 13 ao mediodía haberá gran folión pirotécnico para anunciar a novena con pregón, ás 19,30, de Antonio Gutiérrez González. O 19 a novena será ás 21,30 con procesión de fachos na que portará a imaxe da virxe a Irmandade de Lexionarios de Galicia e amenizada pola banda de música Xuntanza.

O 21 será a ofrenda floral presidida polo bispo Leonardo Lemos. O domingo 22 haberá misas ás 9,10, 11 e 12 da mañá, ésta con procesión na Praza do Santo Cristo. O luns, misas ás mesmas horas con procesión ás 12 e cantada polo grupo Lembranzas, de Pontevedra.

Programación variada
O venres día 20 de madrugada haberá gran folión pirotécnico e verbena amenizada por Mucho más allá e Aqua Music. O sábado 21 ás dez da mañá partidos de alevin F8 e alevín F8 B de Cea contra Terras de Maside. Dúas horas despois, partido de liga infantil F11 de Cea contra O Barco. Alborada con Feitizo de Pau. Ás cinco da tarde festa infantil e ás 11 pm verbena amenizada por América S.L.

O domingo 22 ás 10,30, pasacalles coa banda de música de Celanova que ofrecerá un concerto ás 13,30 na Praza Maior. Ás catro da tarde, percorrido musical polos pobos do municipio ofrecido por Feitizo de Pau. Ás 5 pm partido de fútbol no Campo do Ladairo. Ás 7 pm concerto da banda de Celanova e á 22,30 verbena con París de Noia e Zona Zero. O luns 23 ás 13,30 a banda de música de Muimenta ofrcerá un concerto na Praza Maior que repetirá ás 19,00. Ás 5 pm festa infantil con inchables, escuma, talleres e xogos. Os Satélite e a charanga Ardores amenizarán a verbena con gran tirada de lumes a cargo de Parroquia.

A comisión
Sonia, Mayte, Leticia e Raquel integran a comisión das Festas da Saleta en Cea, por segundo ano consecutivo e aseguran que será o último. Contan que o orzamento para a edición festiva deste ano ascende a sesenta mil euros. O grupo estivo a preparar a programación prácticamente desde que acabaron as festas do pasado ano. Visitaron aos veciños para recadar as cotas voluntarias, elaboraron unha revista de festas para obter ingresos a través da publicidade e puxeron á venda cuncas, camisetas e rifas para tentar cubrir o orzamento.

Por San Xoán organizaron unha paella con chourizos e últimamente, un torneo de poxado e escoba. Todo iso para cubrir os gastos que ocasiona a preparación dos festexos e actividades complementarias. Tamén entregaron ás monxas clarisas ovos para Santa Clara ao obxecto de conseguir éxitos nas súas xestións.

Nas fotos, Sonia, Mayte, Leticia e Raquel ao pé da torre do reloxo que preside a Praza Maior onde se sitúa a Casa Consistorial de Cea. Banda de música municipal de Celanova.