Baños de Molgas | Manuel Ángel Fernández Movilla, alcalde de Baños e membros da corporación municipal, recibiron a Luís Menor, presidente da Deputación, para supervisar as obras que se están executando mediante a colaboración entre as dúas administración locais.
Menor constatou deste xeito “a boa saúde da cooperación cos municipios” tras supervisar a execución das obras financiadas pola Deputación, desta volta a mellora de vías municipais coa rexeneración do firme en Presqueira, que se estenderá tamén á localidade de Nogueira de Abaixo (45.100 euros). Unha obra que se enmarca nos plans do Goberno local para dotar de mellores accesos e acondicionar rúas en todos os pobos do municipio.
Os traballos de mellora en vías locais tamén se executará en Almoite (23.500 euros) e San Pedro de Ribeira (12.200 euros). Ademais tamén figura dentro do Plan CooperOU o bombeo en San Pedro de Ribeira (30.947,39 euros); a contratación de persoal para limpeza de marxes viarias ou traballos medioambientais (43.300 €); e a organización de actividades culturais e xuvenís (19.872,10 €).
Trala visita, Luís Menor mantivo un encontro de traballo co alcalde no que analizaron estes investimentos, aos que se suman outras achegas dispostas pola Deputación para a optimización enerxética do alumeado público (40.000 euros) o a humanización de rúas en Suatorre e Meaman (60.000 euros).
Neste sentido, o presidente provincial destacou que neste ano Baños de Molgas recibirá 182.919,85 € no marco do Plan CooperOU, programa que ao remate do mandato alcanzará os 793.869,28 euros.
Estímase que coa financiación do Plan CooperOU e outras achegas, Baños de Molgas disporá neste mandato de máis de un millón de euros de fondos provinciais para obras e servizos.