¡Irmáns no amor a Suevia, de lexendaria historia,
¡en pé! ¡En pé dispostos a non morrer sen loita!
Ramón Cabanillas Enríquez, 1876-1959. Escritor Galego.
O 14/11/21, milleiros de persoas saímos a rúa en Compostela, para dicirlle a Feijoo, que “a polítíca sanitaria do PP, e en concreto no que respecta a AP, sufre un proceso de desmantelamento e de recortes, que está levando ao deterioro da Sanidade Pública, con consecuencias nefastas para a poboación: listas de agarda interminables, comorbilidade por falta de prevención de diferentes enfermidades, agobios nas consultas pola masificación e a non substitución dxs compañeira/os, que leva ao deterioro da AP”. Dixémoslle alto e claro: “SALVEMOS A AP”.
Berramos: “Feijoo escoita, a Sanidade está en Loita”: e é certo. 12 anos de gobernos do PP (con 4 conselleirxs de sanidade) e a falta de recursos, así como a política de non reposición dxs profesionais, é xa INAGUANTABLE. A “pretensión de aforrar” (no ben máis preciado que temos que é a saúde), leva implícita unha perda de calidade na atención que sufren xs cidadáns/as… pero gástase 738.543 e. en “capeláns nos hospitais” (equivalente a 13 médicxs de familia). Antes desta manifestación masiva, tivemos a de Vigo, e antes en Compostela, e antes outras dúas en Vigo. Está claro que as reivindicacións que plantexa a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galiza, teñen unha constante: “denunciar o deterioro e abandono por parte de Feijoo, da Sanidade Pública”.
Berramos: “Goberne quen goberne, a Sanidade non se vende, deféndese”: por suposto. Si xs administradorxs do Sistema Sanitario, non son capaces de resolver o día a día da Sanidade Real, deben deixar paso a persoas máis competentes e que teñan a súa atención nos servizos públicos, como prioridade. A saúde é o máis importante dunha persoa. Xs cidadáns/as, pagamos uns bos cartos, para que o día de mañán, teñamos unhas pensións e unha atención ao final da vida, dignas. Si ésto non o pode asegurar a administración pública: TEMOS QUE CAMBIALA!
Berramos: “Máis persoal, nos Centros de Saúde”. Dí Feijoo “que non temos Médicxs…e que ísto sucede en outras CCAA e noutros países” (non se consola quen non quere), pero nós lle dicimos: por qué non sustitúe á Enfermería, xs Traballadorxs Sociais, xs Odontólogxs, xs Psicólogxs, xs PSX? Temos profesionais, e moi bxs, o que non hai, é quen traballe por soldos de miseria e en precario (xs usan como Cleenex) e así, búscanse a vida en lugares que prestixen a profesión que tanto costa sacar e que podan ter salarios dignos e estabilidade.
Berramos: “Non, non, non, a privatización”. O deterioro dos servizos públicos con falta de inversión orzamentaria e persoal, leva ó deterioro da AP e a xente váise, moitas veces ó sector privado, algo que a éstes, lles é moi rendible, cando é a administración a que sí ten cartos para investir nos concertos e non os usa nos seus servizos. E tamén berramos, “a privatización é corrupción”, algo que sabe moi ben o PP: o partido máis corrupto de Europa e condeado por elo.
Berramos: “Sanidade Pública e Gratuita”: seguimos pagando por servizos que antes eran gratuitos; mediciñas, transporte sanitario, teléfonos de cita previa, derivacións a asistencia privada por falta de atención na Pública, etc.
Berramos: “Na Sanidade Pública, non somos de segunda”. Temos un Sistema Sanitario Públicco na Galiza, dos mellores do mundo. Profesionais, dxs mellores do mundo e uns/has administradorxs: xs peores do mundo. Así non se pode dar unha Asistencia de Calidade e as consecuencias son unha pior atención.
A dignidade da xente que saíu a rúa, contrasta cas mentiras e falacias que nos dín dende un goberno agotado. Os “seus medios de comunicación” (que acaban de conseguir moitos cartos de Feijoo) silencian e amordazan a realidade, dunha SANIDADE PÚBLICA EN PERIGO.
- Médico especialista de AP de Outes.