Salvaterra de Miño | Foi o 17 de xaneiro do 2022 cando se inauguraba este espazo aberto para o uso de persoas de tódalas idades dende os máis pequenos ata os maiores.
O Concello de Salvaterra de Miño celebra o segundo aniversario da Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño logo de experimentar un notable aumento do número de usuarios dende que se inaugurara este novo espazo no 2022 dando resposta a unha importante necesidade da poboación.
Durante o pasado ano a Biblioteca fixo máis de 1100 préstamos de libros dunha colección que ano a ano vai en aumento incorporando con novos títulos. Ademais a Biblioteca forma parte do Club de Lectura de Galicia a través do cal pódense conseguir en préstamos aqueles libros que non figuran no catálogo.
Dende que se inaugurou a nova Biblioteca, o horario ampliouse e tamén as actividades ofertadas tanto na ludoteca como na aula polivalente. Dende o Concello de Salvaterra de Miño búscase que este sexa un lugar onde os máis pequenos poidan achegarse a este espazo de lectura pero tamén onde os estudantes atopan as comodidades que precisan para o estudo ademais de incluir actividades dirixidas ós nosos maiores como obradoiros de memoria.
Como tódolos anos e co fin de facilitar o estudo para alumnos e alumnas que se presenten á EBAU e teñan recuperacións, durante os meses de maio a xullo reforzarase o horario de apertura.
A Biblioteca Municipal de Salvaterra foi unha clara aposta por un espazo novo e acorde ás necesidades que dispón de ordenadores, enciclopedias e libros que serven de consulta e aprendizaxe para calquera que o precise, unha sala infantil con libros e xogos e un espazo polivalente para presentacións de traballos, obradoiros e reunións informativas.