A Guarda/BNG | A falta de oferta do bacharelato de artes no Baixo-Miño obriga ao alumnado da comarca a desprazarse fora do seu entorno si desexan cursar esta modalidade de bacharelato.
O sistema educativo debe velar para que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades. Resulta evidente que o alumnado da Guarda e dos outros Concellos do Baixo-Miño non as teñen para acceder a esta modalidade do bacharelato.
Coa finalidade de reclamar da Xunta de Galiza a oferta do bacharelato de artes, este martes 7 de xuño no baixo do Concello da Guarda, o BNG celebra un encontro coa comunidade educativa, aberta a todas as persoas que estean interesadas neste tema.
No acto ademais do Portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, contaremos coa presenza de Manuel Lourenzo, membro da comisión de Educación e Cultura no Parlamento Galego.