Aldea Global | A eurodeputada e coordinadora de Relacións Internacionais da Executiva Nacional do BNG, Ana Miranda, participou en São Paulo nunha misión de acompañamento electoral co Partido dos Trabalhadores (PT) xunto con outras 150 organizacións políticas a nivel mundial, na primeira volta das eleccións presidenciais de Brasil celebrada este 2 de outubro.
Miranda participou igualmente en diversos actos organizados polo PT en pro da candidatura de Luis Inácio Lula da Silva.
Neste sentido, Miranda felicitou ao candidato do PT, Lula da Silva, pola súa vitoria neste primeira volta considerando que o seu resultado foi “espectacular, con máis de cinco millóns de votos que supoñen o 48,4% do total. Hai que lembrar que fai catro anos estaba en prisión, froito dunha campaña de persecución política e acoso baseada en mentiras”.
Brasil irá a segunda volta electoral o vindeiro 30 de outubro entre Lula e o actual mandatario Jair Bolsonaro, que logrou o 43,3% dos votos. Para Miranda, a vitoria de Lula nesta segunda volta é “tremendamente importante para frear o goberno neofascista e violento” que representa Bolsonaro.