Baiona/BNG | O BNG de Baiona presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio e que conta con 6 novas incorporacións. O acto contou coa presenza da deputada Carmela González.
A candidatura nacionalista é a seguinte:
1. IAGO PEREIRA MOREDA
2. YASMINA MOREIRA COSTAS
3. XULIA CASTRO CAMPOS “JULI”
4. BERNABÉ SEQUEIROS PINZÁS
5. ALBA CAMESELLA GONZÁLEZ
6. FRANCISCO XAVIER MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ “JAVI”
7. MARÍA MONTSERRAT FERNÁNDEZ MORELL
8. XOSE BLACH FERNÁNDEZ “PIÑO”
9. IOLANDA LAMAS AMBROA
10. MIGUEL GONZÁLEZ LAGO
11. MARÍA MONTENEGRO PÉREZ
12. ANDRÉS REFOJOS MENESES
13. PATRICIA MARISCAL DOMÍNGUEZ
14. MARTÍN LÓPEZ GOCE
15. MIGUEL MACIEL CARNEIRO “MUQUI”
16. CRUZ REFOJOS MENESES
17. XOSÉ MANOEL MARCOTE GIL
Suplentes:
ANA MARÍA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
XOSE FRANCISCO QUINTAS GONZÁLEZ
MARÍA SOCORRO DACOSTA FERNÁNDEZ
CARLOS PÉREZ IGLESIAS
A actual responsábel local e número 3 da candidatura, Juli Castro, considera que “son persoas que acreditan no proxecto que o BNG ten para Baiona. Un proxecto sólido que promocionará vivenda pública e as comunidades enerxéticas locais.”
Yasmina Moreira, candidata número 2, incide en que “ demostramos que o B.N.G. é un partido responsábel para gobernar pero Baiona merece máis. Merecemos poñer en valor o noso patrimonio natural e cultural con ideas que activen a economía o turismo e a cultura”.
O candidato a alcaldía de Baiona polo Bloque Nacionalista Galego, Iago Pereira, destaca que “a candidatura que presenta o B.N.G. é a que transformará de xeito real Baiona porque imos a seguir sumando apoios e obter un amplo apoio do electorado para ter unha maior forza que nos permita seguir construíndo unha Baiona máis ecolóxica, feminista, humanizada e con servizos municipalizados de calidade.