Mondariz | O consello Local do BNG de Mondariz elixe por unanimidade a David Pichel como responsábel na localidade.
David Pichel, natural de Torneiros no Porriño, leva varios anos residindo no barrio de Foxaco en Mondariz e conta cunha ampla experiencia na participación social e política da nosa comarca aínda coa súa xuventude.
“Mondariz é unha vila histórica que está aberta a que a xente nova queira facer dela o seu fogar”. Comenta David Pichel. “O BNG de Mondariz leva anos realizando unha intensa labor na localidade que nos levou a gobernar e coa experiencia e axuda dos compañeiros e compañeiras faremos desta nova responsabilidade no BNG un reto apaixonante para os próximos anos.”
Esta renovación do BNG forma parte do proceso de país que xa se deu noutras localidade do Condado-Paradanta e foi acordada pola Asemblea Local de Mondariz que inclúe A Matilde Caamaño, Xosé Barcia, Leopoldo Tato e Alexandre Estévez que xunto a David Pichel conformarán o Consello Local do BNG de Mondariz.