Avión/BNG | O BNG continúa coa súa campaña a prol dun modelo de enerxía eólica sostible, xusta e galega fronte ao modelo de arrase da Xunta de Galicia xa que “Esta expansión eólica está a desenvolverse sen unha adecuada planificación e control público e sen garantías para a participación social, a salvagarda do patrimonio natural e dos usos sociais e económicos do noso territorio”.
A deputada nacionalista Noa Presas recordou que “o BNG xa presentou nos últimos meses iniciativas en defensa da Serra do Suído nos concellos de Beariz, Avión, A Lama, Fornelos, Covelo e Mondariz, nas deputacións de Pontevedra e de Ourense e no Parlamento Galego pedindo a declaración como Lugar de Interese Comunitario (LIC) e integración na Rede Natura 2000.
Defendeu tamén a protección para os recursos hídricos, fundamentais na loita contra a crise climática e para asegurar o fornecemento ás poboacións e ao sector agrogandeiro e tamén polo papel clave como corredor natural en conexión coa Serra do Cando e do Candán.
“A formación nacionalista recorda que ‘estamos a ver unha gran contestación social a través de numerosos colectivos e actos, como a marcha que percorreu o Suído desde Covelo a fin de semana pasada que o PP non pode seguir ignorando.”
Ademais, a formación nacionalista recorda que “estamos a ver unha gran contestación social a través de numerosos colectivos e actos, como a marcha que percorreu o Suído desde Covelo a fin de semana pasada que o PP non pode seguir ignorando.”