Ourense/BNG | O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, ven de esixir explicacións na comisión de Transparencia e Administración Provincial pola promoción da entidade a un evento carente dos permisos pertinentes e mesmo demanda explicacións ante a posibilidade de calquer colaboración económica cos organizadores.
Na páxina oficial do evento https://hispaniarally.eu/, onde non aparecen datos da empresa, afirman que contan co apoio das autoridades locais e mesmo citan unhas verbas de apoio do presidente da Deputación, Manuel Baltar, que refrendaría este rallye como unha actividade que “combina o aspecto deportivo coa naturaza para promover a estación de Manzaneda”.
O voceiro do BNG tamén demandou explicacións a cerca de como é posible que un evento programado entre o 16 eo 22 outubro e desta magnitude, cunha participación de máis de cen vehículos a motor segundo a propia organización, non se paralizase até pasados dous días do seu inicio, a persar da existencia de varias denuncias feitas e rexistradas con antelación, por parte de entidades de diversa índole, as últimas o sábado 16 de outubro.
Para o BNG non é normal que as institucións públicas encargadas de velar polo patrimonio non só non preveñan a ilegalidade se non que a divulguen, patrocinen e respalden, “razón pola demandamos esclarecer o papel da institución provincial nestes feitos” indicou Varela.