Ourense | O BNG acadou na provincia de Ourense máis de 7.500 votos respecto das anteriores eleccións locais de 2019. Acadou 102 concelleiros o que supón 30 máis que fai catro anos.
BNG gañou as eleccións en Montederramo (Ourense) coa candidatura liderada por Óscar Diéguez, que catro anos antes presentarase na lista independiente Montederramo a Máis. Agora, coas siglas do BNG, logrou 4 ediles frente aos 3 do PP que levaba trinta anos no poder municipal.
No concello veciño de A Teixeira, foi Xosé Vázquez, tamén do BNG, quen duplicou os edis (pasou de 2 a catro) e acadou a maioría absoluta logo de varias décadas de goberno “popular”. “Compañeiros e campañeiras do BGN de Cea: grazas polo voso esforzo, polo voso traballo neste micromundo hostil nun concello rural como o noso de Cea. A pesar desa maquinaria que puxo a funcionar o goberno local, incluso con eses censos inflados a última hora, podemos sumar un concelleiro máis”, dí Elvira Fernández nun comunicado.
O BNG de Cea contaba na corporación nesta lexislatura con Manuel Pérez Vázquez e Elvira Fernández Fernández e agora engadese Rubén González Vázquez. “Sentímonos orgullosos porque istes votos son de xente que vota libremente e que confía na nosa honestidade” remata Elvira Fernández. Na foto a candidatura de San Cristovo de Cea.