O Porriño/BNG | O BNG do Porriño enviou o seguinte comunicado sobre a convocatoria de plenos por parte do actual goberno no Concello do Porriño baixo a dirección do alcalde Alejandro Lorenzo (PP):
1°. O pleno de investidura no Concello do Porriño celebrouse sen permitir a intervención das forzas da oposición. Unha actitude intransixente como esta nunca se dera no Porriño nin se deu en ningún municipio da contorna.
2°. No pleno de organización de onte informa que as sesións ordinarias se celebrarán os luns ás 9h. Ese horario limita claramente a participación e a asistencia do público.
3°. Relega a oposición ás bancadas do fondo, sen visibilidade, para así ocultala e silenciala. O BNG non aceptou esta imposición e foi expulsado do pleno.
O alcalde non atende a criterios democráticos.