BNG Ourense asegura que unha empresa privada opera en instalacións municipais

Non aboa canon nin ten responsabilidade contractual

Ourense | O Concello de Ourense confirmou ao BNG que a cafetería situada no Xardín Xaponés segue sendo explotada sen que exista “contrato algún e sen pagar ningún canon”, segundo comunicou o grupo nacionalista en nota de prensa. A concesión inicial fora revogada en outubro debido a incumprimentos contractuais, pero a actividade do establecemento non se detivo.

O BNG denuncia que unha empresa privada está a usar un espazo público sen ningunha relación formal co Concello. Rhut Reza, concelleira do BNG, afirmou que “o Concello admite que neste momento temos unha instalación municipal sendo xestionada e explotada por unha empresa privada pero sen que existe ningunha relación contractual entre ambos”.

Ademais, cuestionou a viabilidade de esixir o pago do canon nestas circunstancias. A resposta do Concello de Ourense apunta a que se iniciará un novo proceso de licitación para regularizar a situación.

Na foto Rhut Reza, Xosé Manuel Puga, Luís Seara e Erea Blanco, do BNG.