Ponteareas/BNG | O BNG vén de cuestionar o contrato dunha alfombra por parte do goberno local para as escaleiras da Casa do Concello de Ponteareas, que se instalará nos vindeiros días e suporá un gasto superior aos 12.000 euros.
O Bloque dubida da necesidade de destinar esta contía a unha alfombra personalizada, “cando Ponteareas ten múltiples necesidades que o goberno tripartito non atende e ás que se podían destinar estes recursos”. “Mentres lles din a veciñanza e entidades que non teñen diñeiro para apoiar as súas actividades ou satisfacer as súas demandas, continúan realizando gastos superfluos e destinan máis de 12.000 euros a unha alfombra de luxo para continuar primando os seus delirios de grandeza en vez das necesidades do municipio”, conclúe o BNG.