Ponteareas | O concelleiro de Deportes en funcións, Benito Márquez, en nome de todo o goberno felicita ao xogador do Club de billar Sportivo, Brais Pino que conseguíu o primeiro posto por equipos no Campionato do Mundo amateur que se celebrou en Las Vegas do 23 nas pasadas semanas e no que competiron un total de 350 equipos.
O ponteareán, que representaba a España xunto aos seus compañeiros de equipo, Fran Doval e Raúl Esmorís de Lugo, Manuel Montejo e Carlos Gómez de Mallorca; tamén conseguíu o nomeamento “All Stars” polo seu bo rendemento nas dúas semanas de duración do campionato.
Neste mundial o xogador de Ponteareas acadou en individual bola 9 o noveno posto e en bola 8 o décimo terceiro posto.