Brasil, ese eterno ‘país de futuro’ (así cualificado polo escritor Stefan Zweig e o estadista Charles de Gaulle) nunca nos defrauda. Sempre é noticia, sexa polas súas iconas como tamén por aqueles retornos que reforzan o seu efecto ‘seductor’ no noso imaxinario colectivo.
Dous acontecementos simultáneos destacan na actualidade deste ‘país-continente’. Un foi a morte do ‘Rei’ Pelé o pasado 30 de decembro. Outro, o retorno presidencial de Lula este 1º de xaneiro. Dous símbolos, cada un no seu campo e co seu peculiar estilo, que definen esa idiosincracia de Brasil como sociedade e como proxecto de país.
Se ben con matices, é pertinente observar que dificilmente pode atoparse na opinión pública en xeral un consenso, case tan unánime como positivo, sobre o efecto e as expectativas que exercen dúas figuras como Pelé e Lula.
“É pertinente observar que dificilmente pode atoparse na opinión pública en xeral un consenso, case tan unánime como positivo, sobre o efecto e as expectativas que exercen dúas figuras como Pelé e Lula”
Coas imaxes aínda frescas do triunfo arxentino no Mundial de Qatar (e o ‘eterno retorno’ para o país ‘maradoniano’ que agora entroniza a Messi no altar futboleiro) a desaparición física de Pelé lémbranos un final de época no fútbol. ‘O Rei‘ simbolizou a verdadeira esencia futbolística, hoxe tan lastrada polos ‘petrodólares’ e o hedonismo banal.
No plano político, Lula, quen prometeu na súa toma de posesión ‘rescatar a Brasil do desastre de Bolsonaro’, encarna aínda a ilusión por aquel ‘outro mundo é posible’, polo retorno de Brasil a un mundo hoxe impredicible e en guerra. Dificil pero non menos ilusionante tarefa.
De Pelé a Lula, dúas iconas que nos lembran que Brasil sempre está de volta.