O Pereiro de Aguiar | O alcalde e presidente da Deputación Luís Menor acompañado por membros da Corporación, comprobaron o resultado da obra de remodelación do local social de Cachamuiña, obra executada pola concesión da subvención da Xunta de Galicia para o apoio ás asociacións de vecinos da que foron beneficiarias sete dos locais.
O pobo de Cachamuíña é un dos que conta con máis historia. Non en vano foi onde naceu, viviu e morreu o coronel Cachamuíña, o libertador de Vigo. Actualmente, o pobo está a experimentar un incremento importante de veciños, que xa superan os douscentos, construindo novas casas como rehabilitando as existentes, conformando un dos núcleos máis importantes do Concello. Grazas á colaboración da Xunta, veñen de acometerse obras no local social para mellora da accesibilidade, habitabilidade e da eficiencia enerxética.
Ademáis, dotouse ao local de novo equipamento que fai moito máis doada a prestación de servizos e realización de actividades aos asociados da asociación de veciños que promoveu estas axudas.
Recentemente remataron as obras de mellora do alumeado público, co cambio a LED. Esto permite mellorar sustancialmente a eficiencia enerxética así como o servizo prestado á veciñanza. Esta obra tamén foi posible grazas á financiación da Xunta e do Concello, cun importe superior aos 40.000 euros.