Caldas de Reis | Jesús Rey e María Buceta, en representación da Asociación de Novos Empresarios de Pontevedra, acudiron hoxe, 18 de febreiro, ao Concello de Caldas de Reis a presentar o XXV Premio “Xove Empresaria/o do Ano”, por parte do concello asistiron o Alcalde, Juan Manuel Rey, e o Concelleiro, Jacobo Pérez.
Con este galardón, AJE pretende apoiar, potenciar e difundir unha vez máis a iniciativa dos novos empresarios da provincia de Pontevedra e recoñecer e valorar a orixinalidade, calidade e sustentabilidade das iniciativas empresariais desenvolvidas.
Ámbalas dúas entidades teñen en común a idea de xerar proxectos que abran novas liñas de traballo máis aló das grandes cidades, fomentando a integración, a innovación e a economía colaborativa.
O apoio e a vinculación ao premio é unha mostra de Interese común en accións que fomenten o emprendemento no rural , a igualdade de oportunidades e a sinerxia entre todos os axentes vinculados á economia baixo as novas premisas de compromiso e responsabilidade social, formación, innovación , e visibilidade do talento e emprendemento en igualdade de oportunidades.
Os premios terán lugar o vindeiro xoves, 10 de marzo, ás 20:30 horas, no Pazo O Castriño de Vilagarcía de Arousa, o que supoñerá a súa primeira celebración fóra da cidade de Pontevedra o que remarca a idea de AJE Pontevedra de ampliar a súa área de actuación a comarcas como a do Salnés e Ulla-Umia.
Esta XXV Edición do Premio Xove Empresaria/os do Ano 2021 componse de dúas categorías, e con 2 mencións de honra, ademais dun Premio Honorífico a un empresaria/os de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.