“Si queremos que todo siga como está, é necesario que todo cambie”
Giuseppe Tomasi di Lampedusa (1896-1957). Escritor italiano.
A estructura da Comunidade Autónoma, confire a prestación sanitaria o SERGAS. Éste, leva sendo administrado polas mesmas persoas, dende fai 13 anos. Primeiro co expresidente Feijoo e agora Rueda, son os que marcan a pauta e a estratexia a seguir, para non sabemos que, pois o deterioro do Sistema Sanitario é cada día máis insoportable. Levamos 4 conselleira/os de sanidade, 3 xerentes do SERGAS e intercambio de cromos entre xs Xerentes de cada Área Sanitaria.
A AP é o sector máis precarizado. O seu desmantelamento estase facendo de forma constante e intensa nos últimos anos. Dende a desaparición das Xerencias de AP e os recortes tan importantes no orzamento da primeira línea de actuación sanitaria, levaron a esta situación de deterioro e masificación de consultas, listas de agarda insoportables ata ca/o Médica/o de Cabeceira (de varias semáns), imposibilidade de contactar ca/os especialistas, acúmulo de cupos da/os profesionais ausentes, déficit de diferentes especialidades nos Centros de Saúde: Psicóloga/os, Logopedas, Traballadora/os Sociais, Fisioterapeutas, etc. que está facendo que non se faga unha actuación integral e que a Calidade Asistencial esté en mans do voluntarismo duns/has profesionais cansada/os, enganada/os e utilizada/os como man de obra barata para resolver o ben máis preciado que temos que é a saúde.
E todo, cunha disculpa de mal pagador, “que non temos Médica/os”: ísto só, xa deslexetima que non se sustitúan outrxs profesionais que non sexan Médica/os, pero a práctica diaria, indícanos o contrario: acaban de convocar 106 prazas de Especialista de AP e presentáronse 353 Médica/os: temos ou non temos? Deixaron fora a 247 profesionais que boa falta farían para desconxestionar as consultas (ca pandemia todavía activa e os meses de verán con maior afluencia de turistas sobre todo nos lugares de costa). Por que non convoca o PP as 1.000 prazas de Médica/os que consideramos que fan falta? Dín que é algo que sucede en todalas CC.AA do estado e noutros países, pero si tí tes na túa mán a oportunidade de contar con novxs profesionais, por que non o fas?
“Por que non convoca o PP as 1.000 prazas de Médica/os que consideramos que fan falta?”
O PP creou fai un ano a praza de Directora Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, para Estrella Lopez Pardo. Está claro que a súa actuación neste tempo, só empeorou o problema: veu para facer o Novo Modelo de AP aplicando as conclusións do Consello Técnico de AP de Galicia e non o fixo. Pois como “premio”: a nombran Xerenta do SERGAS, na sustitución dun José Flores que frustrou todalas espectativas de reforma en positivo que se tiñan posto nél. O intercambio de postos entre xente que leva tantos anos na administración sanitaria na Galiza, non vai resolver as deficiencias que temos a día de hoxe.
Algúns datos: temos un 25% de prazas menos de Pediatría; temos 1.056 camas hospitalarias menos dende 2009; a Xunta financia con 209 millóns de euros a sanidade privada (un 20% máis que en 2009); estamos a cola do estado en n.º de Médica/os: 469 por cada 100.000 habitantes, frente a 499 do estado (mal que lle pese o Decano da Facultade de Medicina, que nun alarde de corporativismo dí “que non fan falta Médica/os”: en que país vivirá…); a sanidade privada, dispón de 6 de cada 10 hospitais na Galiza e o 23% das camas; a propia Xunta admite “que as Residencias de Maiores, non estaban preparadas para a COVID (nos últimos días acaban de privatizarse 6 Residencias que eran públicas); pecharon Centros de Saúde Periféricos e fixeron desparecer cupos de Médica/os onde non poñen sustitutxs. Poderíamos seguir pero o espacio do artigo mo impide.
Temos transferidas as competencias en Sanidade, dende o minuto un. O sr. Feijóo tomou posesión no 2009 e o deterioro e desmantelamento dos servizos sanitarios foi a máis. Moita inversión en aparataxe hospitalario pero nula no máis básico: NA/OS PROFESIONAIS, para poder prestar unha atención de calidade.
Que pena!
Dr. Xosé M.ª Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes.