“Veño dun silencio, antigo e moi longo, veño dun silencio que non se resigna; veño dun silencio que a xente romperá, veño dunha loita xorda e constante”.
Ramon Pelegero i Sanchis (Raimon), Xàtiva, 02/12/1940, cantautor valenciano.
Despois da últimas eleccións autonómicas, onde o PP volveu a ter maioría absoluta, chegan os cambios na estructura da Consellaría de Sanidade. A máis importante é a integración do SERGAS na estructura da propia Consellaría. O Presidente Rueda, cambia ós 4 cargos máis importantes, dende o conselleiro (xa van polo 5º…) ata as Direccións Xerais, tanto de Asistencia Sanitaria (adios a o ínclito Aboal), de Recursos Económicos e a de Recursos Humanos. Un cambio en toda regla, que se produce despois de múltiples mobilizacións de diferentes entidades relacionados co Sistema Sanitario, pero sobre todo da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.
Ao frente da Consellaría, Antonio Gómez Caamaño, médico relacionado ca actividade hospitalaria pois exerce en Oncoloxía Radiolóxica, moi vinculado co gran aparataxe e cos medicamentos oncolóxicos, caros e moi influenciado polos laboratorios que os producen.
Teremos que darlle os 100 días de rigor, pero as perspectivas non son boas. O problema fundamental da Sanidade Pública na Galiza é a Atención Primaria e a falta de recursos empregados polo PP para resolver a falta de profesionais, punto básico do mal funcionamento da mesma, con listas de agarda impresentables e con prazas MIR sin cubrir (ás de “difícil cobertura”). O PP de Galicia empéñase en solicitar un MIR Extraordinario, cando non é capaz de cubrir as prazas que se ofertan en cada convocatoria: 42 no 2022/23 (unha de cada 5 quedaron sin cubrir). Pedir que se oferten máis, é unha forma de meterse co goberno central e de botarlle as culpas da súa propia inoperancia.
“Teremos que darlle os 100 días de rigor, pero as perspectivas non son boas”
Cales son os porqués da non adxudicación dunhas prazas que en 3 anos, serían en propiedade: evidentemente os baixos salarios, a inestabilidade no traballo e a precariedade laboral: cupos masificados, non sustitución de compañeiros/as que fan que as consultas se fagan interminables e con moi pouco tempo por persoa, co que a calidade da atención, vese resentida día a día.
O prestixio da profesión de Médico de Atención Primaria e Comunitaria tampouco é o máis bollante neste momento e así o ven os/as alumnos/as que rotan polos pobos para facer as prácticas que sempre dín que a labor que se realiza é a máis importante do Sistema, pero o día a día é moi complicado, pola compexidade dos casos e a masificación das consultas. O tema de que para ser “médico de pueblo”, tes que saber de todo, fai atractiva a profesión, pero son os condicionantes que debería poñer o contratador, que cos recortes ano a ano, fan que a precariedade sexa o que máis se vé cando fan as prácticas.
Si o Sistema en xeral está mal, a consulta do día a día en AP está pior. Sabemos que o gasto por persoa na Galiza en Sanidade é o segundo máis baixo de todo o estado español (so Madrid inviste menos) e sabemos tamén que na AP invístese o 12,3% do orzamento total da Sanidade, cando a OMS recomenda o 25%. E preguntámonos: por qué non se lle fai caso? Todo o que se inviste en prevención e en atención a xente cando o problema é resoluble en AP, complícase cos tempos de agarda que se fan impresentables para quen os padece.
Según o Ministerio de Sanidade, na Galiza estamos de 4º pola cola en gasto farmacéutico sobre o total do orzamento sanitario. Unha das razóns, é o pouco tempo que se ten para valorar ós pacientes debido a presión asistencial. Ademáis, a Xunta, incorpora como investimento en AP as partidas destinadas o pagamento de receitas sanitarias, cando éstas deberían computar como gasto farmacéutico o que indica que en AP todavía se inviste menos do orzamentado o incluir este gasto.
A nova equipa da Consellaría de Sanidade e do SERGAS, teñen moitos problemas por resolver (si queren… e a súa estratexia llo permite). Levamos na AP perdéndose Médicos/as ano tras ano. Según o INE, do 2022 o 2023, perdéronse 39 facultativos/as. Terán que rematar ca política de recortes e actuar sobre o tema principal que é a falta de profesionais que queran traballar na Galiza. Devolver á Pediatría ós concellos ós que lla quitaron. Os/as novos administradores/as o teñen na súa man…e nós que o vexamos!
Xosé María Dios Diz. Médico especialista de AP de Outes.