Camisetas de La Vuelta para a mocidade

O Concello de Ponteareas entregou un total de 150

Ponteareas | Ante o éxito da entrega das camisetas de La Vuelta aos 150 primeiros cativos e cativas que se achegaran hoxe á Casa do Concello ás 11:00 horas, o Concello entregará outras 150 camisetas máis o luns día 26 a partir das 11:00 horas.

Ao igual que hoxe as camisetas serán entregadas ás primeiras nenas e nenos que asistan para que así as poidan vestir para arroupar a saída da etapa 10 o martes día 27 ás 13:30 horas. Desde a Casa do Concello os corredore sairán hacia a praza Bugallal, praza da Música e dirección Mondariz logo de baixar por rúa Braña hacia Castelao.

A alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez convidan a toda a cidadanía a vivir La Vuelta ao longo do seu percorrido e a vestir de vermello ese día. Ademais, informan que o luns 26 ás 21:30 horas na praia da Freixa haberá unha benvida e recepción co concerto de Dr Slump. Ponteareas é a única cidade do mundo con tres gañadores dunha proba raíña, os irmáns Delio e Emilio Rodríguez Barros (1945 / 1950) e Álvaro Pino (1986).

Concello e organización de La Vuelta queren que esta etapa 10 de La Vuelta sirva para rememorar e recoñecer aos grandes gañadores de La Vuelta, Delio, Emilio e Álvaro pero tamén de Manolo, Pastor, Teixeira, Carballido, Isidro Araujo, Genaro Prego, Juan Carlos Táboas e Manolo Francés todos eles profesionais que levaron o nome da nosa vila en competicións de todo o mundo. Tamén para Jorge Pino, presidente da Federación Galega e, como non, de moitos profesionais do mundo do ciclismo, dende mecánicos a masaxistas nados en Ponteareas”.