Arbo | O Concello de Arbo, retoma un ano máis a campaña contra a Vespa Velutina, co fin de frear a expansión desta especie, pon a disposición dos veciños e veciñas de Arbo de maneira gratuita 50 trampas e 150 botes de cebo.
Os interesados que queiran instalar algún destes sistemas de captura en zonas donde se asente esta especie invasora, deberán presentar a correspondente solicitude nas oficinas municipais do Concello de Arbo, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas.
As entregas faranse por orde de rexistro de entrada, ata agotar existencias e empezaran a finais de febreiro. Dende o Concello informan que frear a expansión da avespa velutina é unha tarefa prioritaria, xa que este insecto invasor incrementou a súa presenza en Galicia desde o ano 2014.
“Esta é a época para a colocación destas trampas, para evitar a formación de niños e, desde o goberno, estamos a disposición dos veciños da vila para erradicar coa súa colaboración a proliferación desta especie, ubicando as trampas dentro das súas propiedades, desta maneira hai unha coordinación entre o Concello es os voluntarios e voluntarias que queren participar neste proxecto tan importante.
O obxectivo é redobrar esforzos e concentrar os recursos”, informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.
A entrega de trampas velutinas polos concellos e a súa colocación e control coa colaboración de veciños e veciñas voluntarios e voluntarias , é unha practica moi usada que se esta adoptando nos anos no Concello de Arbo e que esta acadando un bo resultado.