Redondela | Co obxectivo de por en valor a oferta local, a Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha unha campaña de promoción de vendas.
Máis dun centenar de establecementos contan coa cartelería que da acceso a través dun código QR a un novo catálogo de produtos e servizos especialmente pensados para o Día do Pai.
A asociación quere amosar a variedade e especialización do comercio de Redondela a través da edición deste catálogo especial para o día do Pai que se comeza a publicar hoxe e que irá incorporando novidades diarias ata o día 19 festividade de San Xosé na que tradicionalmente se celebra o día do Pai.
Na foto están representados algún dos sectores que protagonizan a campaña do Día do Pai: moda masculina, moda e produtos deportivos, reloxerías e xoiarías.