O Porriño | O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Iván Iglesias, e a presidenta de Acipor, Juana Pérez, acompañados polo director de ABANCA no Porriño, Jorge Luis García, presentaron hoxe a campaña “Días azuis do comercio galego”.
A iniciativa da Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia e Abanca, chega este ano á súa novena edición e ten como principal obxectivo dinamizar as vendas no comercio de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes.
O presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, invitou a todos os porriñeses a participar desta iniciativa que se desenvolverá ata o 17 de xullo e agradeceu a implicación dos comerciantes e asociacións do Porriño e da provincia en xeral.
José María Seijas, pola súa banda, recoudou o papel de Días azuis como campaña de gran éxito que pon en valor o papel económico e social do sector comercial e “conseguir que os clientes nos visiten, compren e ademais, gañen”.
No mesmo sentido se manifestou Juana Pérez, quen destacou a importancia destas campañas que sirven de gran axuda ao comercio nestes momentos.
Pola súa banda, o alcalde animou á veciñanza a participar desta campaña e felicitou aos comerciantes do Porriño “por sumarse a esta iniciativa e por promover outras tantas para dinamizar o comercio local, un sector clave na vila tanto no ámbito económico como no social”.
Ata o vindeiro 17 de xullo, os clientes dos comercios que realicen as súas compras deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com ou ben solicitar que o faga o propio comerciante. As opcións a premio duplícanse utilizando ambas modalidades.
Entre todos os participantes sortearanse un total de 12.000 euros en 64 tarxetas prepago: 24 de 250 euros e 40 de 150 euros, que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos antes do 30 de xuño do próximo ano. O sorteo, ante notario realizarase o próximo 21 de xullo.