Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, deu a coñecer os detalles dunha nova campaña promocional que baixo o título “Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”, reúne durante dous días a algúns dos principais influencers creadores de contidos en redes sociais relacionados con ocio, turismo, viaxes e gastronomía, e que en alcanzan o millón de seguidores.
Os influencers convidados a Monforte coñecerán os principais reclamos turísticos, patrimoniais, gastronómicos, turísticos e de ocio, tanto de Monforte, como da Ribeira Sacra, para posteriormente dalos a coñecer e potencialos nas súas redes sociais e canles de comunicación.
Na benvida que o alcalde deu ós seis influencers protagonistas desta campaña no Parque dos Condes, co Colexio de Nosa Señora da Antiga coma telón de fondo, o rexedor monfortino destacou a importancia de levar a cabo accións deste tipo en novas canles de comunicación como son as redes sociais, ”unha ocasión para chegar a todo tipo de públicos, pero sobre todo ás xeracións máis xóvenes, que empregan as redes sociais para comunicarse”.
O alcalde subliñou que “vídeos moi semellantes ós que estes días farán sobre Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra, alcanzan nas redes sociais dalgúns dos nosos embaixadores 1,7 millóns visualizacións, 76 mil likes e máis de 300 comentarios. Con un só vídeo dos colgados nos seus perfís, o alcance é enorme”.
Os seis influencers son Hugo Pérez (a través da súa conta de Instagram), Patricia García de Donkeycool, Fany de Engaliciamorate, Saray Rodríguez de Sen Paraxe, Alberto de Alvientooo e Elena Peregrina de mi.maleta.azul. Entre eles suman un millón de seguidores.
Neste senso, o alcalde destacou que “vídeos moi semellantes ós que estes días farán sobre Monforte, alcanzan nas redes sociais 1,7 millóns visualizacións, 76 mil likes e máis de 300 comentarios. Con un só vídeo dos colgados nos seus perfís, o alcance é enorme”.
Ademais das accións que levarán a cabo este días e posteriormente os 6 influencers nas súas redes sociais, a campaña tamén conta con diversos elementos de visibilidade nas rúas da cidade e das principais zonas turísticas de Galicia. Na Coruña, en Vigo, en Pontevedra e noutros puntos das Rías Baixas esta campaña terá presenza, durante este verán, con elementos de visibilidade coma vallas, lonas, autobuses ou cubos publicitarios.
Esta campaña, concluíu o alcalde, “non só é unha oportunidade para que o mundo coñeza a nosa posición central, que fai que este sexa o lugar ideal para visitar a zona. Queremos que a xente, de preto e de lonxe, saiba que aquí, no interior de Galicia, en Monforte Lemos, latexa un paraíso monumental, cultural, gastronómico, vitivinícola e paisaxístico. Hai moitos motivos para que veñan a vernos e con esta campaña imos facer que os coñeza máis xente”.