Salvaterra de Miño | Co remate do curso escolar moitas familias se atopan con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campamento de Verán, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra
Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade e realizarase nos meses de xullo e agosto en horario de 8:45h a 14:15h no C.E.I.P Leirado.
O Concello pon a disposición dos seus veciños máis de 200 prazas en catro quendas, nos meses de xullo e agosto.
Ademais haberá a posibilidade de ampliar horario para as familias que así o precisen, coa aula matinal dende as 7:30h e servicio de comedor ata as 16:00h.
Esta actividade require inscrición previa, terase en conta a orde de entrada por rexistro e terán prioridade aquelas familias que os pais traballen nese horario e as familias monoparentais.
O prazo de inscrición será do 2 ao 16 de xuño e poderase facer dende a sede electrónica ou de xeito presencial. Máis información no teléfono 986 658 082 ou na web do concello.