Para iso naceu POLÉTICA (política + ética), que se encarga de facer un seguimento dos programas politicos dos partidos e do seu grado de cumprimento.
Ata fai pouco tempo tiñamos asumido que a democracia estaba segura só coa actuación dos partidos políticos. Os cidadáns limitábanse a votar cada catro anos. A recente crise económica, que aínda non nos deixou, abriu unha brecha estre gobernantes e gobernados. Xa non nos fiamos de ninguén.
Xa en 2011 (15M) centos de miles de persoas en todo o Estado saíron á rúa berrando ¡¡ xa non nos representan!! Algo se tiña roto. Un grito político de indignación tanto nas rúas como nas redes sociais reivindicando outra maneira de facer política. Neste catro anos o panorama político e social ten evolucionado tanto que provocou un novo contexto electoral nunca visto na nosa fráxil democracia coa irrupción de novas forzas políticas empurradas por a participación máis activa de diversas plataformas cidadáns que tratan de facer visibles os temas que lles importan. Os partidos clásicos, os que se atopaban tranquilos co seu estatus, decatáronse de que a cousa ía en serio. Lentamente, sen presa pero sen pausa, están repasando as súas relacións cos seus votantes. Hai que facer cambios, non queda outra saída.
A carón das promesas electorais escritas nos papeis están as promesas públicas feitas polos candidatos. Hoxe temos a obriga de vixiar o cumprimento de ámbalas dúas cousas.
Para iso nace POLÉTICA. Unha ferramenta dixital de vixianza e de presión cidadá para que os partidos poñan ás persoas no centro das súas propostas políticas. Fai un seguimento exhaustivo de todo o que escriben, todo o que din os partidos que van facer, para esixirlles o seu cumprimento.
Polética é a unión de máis de 500 organizacións e movementos sociais, agrupados en redes e plataformas, que vixían e presíonan aos partidos políticos para que incorporen aos seus programas de goberno propostas concretas para loitar contra a pobreza, contra as desigualdades e para mellorar a calidade democrática do pais.
Nestes momentos asistimos a novos partos politicos. Os chamados socialistas andan a percura do seu Moisés que os leve a terra prometida; Cidadáns están subindo ao seu líder á padiola que o levará por todo o Estado para ser unxido tribuno máximo; Podemos aínda non sabe que quere ser de maior. Están discutindo se crear un novo césar ou se adaptarse aos novos tempos que piden direccións colexiadas. O PP teno claro. Cos socialistas collidos polos “hoeufs” xa só lles queda esperar , coma o chino, que pasen os cadavres dos seus enemigos, cara a onde?
Temos que estar vixiantes. Xogámonos o futuro das próximas xeracións. As correntes oceanográficas do Golfo de México que dulcificaban o noso clima están enfurecidas. Un deus Eolo, tolo, está removendo os instintos máis primarios facendo demagoxia perigosa. Reforcemos a POÉTICA para meter en cintura a todos os que ousen desviarse do camiño correcto. Xa non somos afiliados obedientes; somos cidadáns cabreados.