O Porriño | Durante unha xuntanza de traballo co equipo do PSdeG-PSOE local, a presidenta da Deputación de Pontevedra e presidenta do PSdeG-PSOE, Carmela Silva, destacou os “contrastes” entre os investimentos realizados pola Deputación Provincial e a Xunta de Galicia no Porriño.
Acompañada dos concelleiros Emilio Diz Castiñeira, Sergio Casal Quintas e David Alonso Bargiela, Silva indicou ao detalle os 13,5 millóns de euros investidos pola Deputación no Porriño dende 2016 e amosouse “moi sorprendida” ao ser informada de que a Xunta tan só executou 8,5 millóns en obras dende 2009 ata a actualidade.
Criticou así que “absolutamente todo o que anuncia a máquina de propaganda da Xunta en O Porriño son cousas que tiñan que estar feitas hai anos e que ademais fináncianse con fondos do Goberno de España”
Pola súa banda, o secretario xeral local e candidato á alcaldía do Porriño, David Alonso, considerou “insultante” a recente visita institucional da Xunta a Porriño, na que se prometeu un investimento de 15,7 millóns ata decembro, preguntándose en que “caixón están vos 3 millóns comprometidos hai ben pouco para a descontaminación do lindano na estrada do Contrasto e que se ía adxudicar antes de finais de ano”.