Tui | O modelo de Boas Prácticas para a transmisión do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) que leva adiante a asociación Ponte…nas Ondas! (PNO!) foi presentado este 3 de novembro na Área Panorámica da Eurocidade Tui-Valença do Minho, coa colaboración do Club Faro de Vigo a través das Charlas Club Faro.
O modelo PNO! presentará a súa candidatura do 28 de novembro ao 3 de decembro na XVII xuntanza do Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO a celebrarse en Rabat (Marrocos)
O acto público foi presentado por José Font, director da Radio Municipal de Tui, xornalista e colaborador de Ponte…nas ondas! e contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, do alcalde tudense Enrique Cabaleiro, e das profesoras Esmeralda Carvalho, do Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho e Mª Jesús Álvarez Paz, do CEIP Sabarís de Baiona, ámbalas dúas representantes de Ponte…nas ondas! Tamén estiveron presentes outras autoridades como alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e o concelleiro de Cultura de Ponteareas, Fernando Groba.
Durante a súa intervención, o alcalde Cabaleiro explicou que o modelo de PNO! pretende “sensibilizar á sociedad sobre estas iniciativas” de PCI.
Pola súa banda, Carmela Silva asegurou “non ter dúbidas” do éxito da candidatura de PNO! na xuntanza en Rabat, toda vez eloxiu este “modelo internacional na transmisión do patrimonio inmaterial” que supón “un proxecto de valores que constrúe sociedades”.
O acto finalizou cunha peza do músico porriñés Pancho Álvarez, quen deleitou aos asistentes amenizando co seu violín con toques de música transfronteiriza.