Carreira popular do San Martiño en Ourense

Workneh Fikire, de Atletismo Narón, foi o gañador

Ourense | Celebrouse en Ourense a 47 edición da San Martiño coa participación de 9.700 corredores que fixeron dez quilómetros polas rúas. 3000 eran da categoría absoluta e o resto doutras categorías, segundo a idade, que fixeron menor percorrido. A marcha partiu da Ponte do Milenio e rematou na Praza de Concepción Arenal.

Workneh Fikire, de Etiopía, e Ester Navarrete, foron os gañadores da carreira popular. O etíope, é integrante do Atletismo Narón que viña de gañar o 10 quilómetros de Negreira e de ser sétimo en Frankfurt, gañou cun tempo de 30:25. Segundo chegou Esteban Iglesias, cun tempo de 30:41. Alejandro Fernández chegou en cuarta posición.

En atletas femininas, Ester Navarrete revalida o seu posto de gañadora en 2023 cunha nova vitoria este ano.

Na foto, os corredores pasando pola Praza Maior de Ourense.

 

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.