Salvaterra de Miño | O Castelo de Dona Urraca ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.
Ademais, este espazo de divulgación vitivinícola vese complementado coa inclusión do Punto de Información Turística no interior do Castelo de Dona Urraca, xa que son moitas as demandas de información que o municipio de Salvaterra de Miño recibe acerca dos seus senlleiros recursos turísticos.
Case medio milleiro de persoas visitaron, dende o mes de marzo, o espazo arquitectónico máis representativo de Salvaterra de Miño, o Castelo de Dona Urraca. Prevese triplicar estas cifras durante a época estival. Ademais, as previsións para este outono son moi optimistas xa que o museo conta con numerosas reservas de grupos vindos de diferentes puntos de toda a península.
O elevado volume de visitantes que se achegan ó Castelo de Dona Urraca reflicte o gran interese que o municipio esperta pola variedade e riqueza dos seus puntos turísticos.
O Castelo de Dona Urraca, que alberga o Museo da Ciencia do Viño e tamén o Punto de Información Turística, está aberto de mércores a domingo, no seguinte horario de atención ó público: de 11h a 14h e de 17h a 19h.
Non será preciso a inscrición previa agás para os grupos de máis de 15 persoas. As reservas para grupos deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: museocienciavino@concellodesalvaterra.org
Programación da Asociación Fioye2
Por outra banda a Asociación Fioye2 presentou a súa programación de eventos culturais e recreativos previstos para este mes de xullo.
Martes 11 as 21 h: Mago Albert
Mercores 12 a partires das 21 h. actuación da Banda Infantil e Xuvenil de Rubiós, concerto da Coral Polifónica de Entienza – Salceda de Caselas e para rematar concerto das Panderetarias de Fiolledo “As Lucernas”
Xoves 12 as 21:30 h.: Escape Room con Cóxegas Animación, (ruta polo monte de aprox. 3 km. con probas, quebracabezas e sustos).
Venres 14 a partires das 20 H. Concurso Tik-Tok/Just Dance con Cóxegas animación.
E pola noite verbena a cargo de: Trío Alegría & Dúo Estelar
Sábado: 15
As 13 h “Tirada de fogos” e pola noite Gran Verbena aa cargo da:
Orquesta Triunfo & Trío Nevada
Domingo 16:
Pola mañá actuación da “Charanga Imperiais” e misa solemne as 13 h. cantada polo “O Son dos Cantares” de Tameiga – Mos. E pola noite gran bervena a cargo de: Dúo Ángel América & Trío Nostalgia