Ourense | Este domingo día 7, a Festa do Pan de Cea celebra a súa 31ª edición. A presentación deste evento que enxalza un dos produtos máis senlleiros da provincia tivo lugar esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, de Ourense. Rosendo Fernánez, deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, recalcou a importancia deste produto, “a perfecta simbiose entre Cea e o seu pan”.
O presidente do Consello Regulador desta Indicación Xeográfica Protexida (a primeira de toda Europa), Carlos Rodríguez, explicou os segredos da elaboración das “poias” de pan e os detalles da celebración, que terá lugar este domingo cunha xornada previa o sábado de ruta polos fornos artesanais.
Pola súa banda, o alcalde de Cea, José Luis Valladares, agradeceu a colaboración da Deputación para a organización desta festa e convidou a participar nesta celebración que xa supera as tres décadas de historia.
Tamén estivo presente na presentación a xornalista Lucía Rodríguez, de Castro Caldelas, quen exercerá de pregoeira nesta edición da festa.