A Cañiza | O Alcalde da Cañiza, Luís Piña iniciou os trámites de solicitude de cesión destes terreos do Alto de Montouto ante a Asamblea da CMVMC da Lamosa, titular dos mesmos, o pasado verán, acordándose a cesión de 20.000 m2 de terreo (uso de parte da parcela 36013A01530116 situada no monte denominado “Alto Do Montouto), na Asamblea celebrada pola Comunidade o 24 de xuño de 2022.
Esta actuación sumará un novo recurso paisaxístico de altísima calidade á oferta turística do noso Concello. Unha proposta novedosa que atraerá turistas e redundará moi positivamente no crecemento da nosa economía local.
Dende o Concello da Cañiza estamos traballando para sumar iniciativas de alta calidade que axuden a mellorar as nosas propostas turísticas cara ao exterior e mesmo para o disfrute das nosas veciñas e veciños. A instalación destes miradoiros interpretativos e observatorio nocturno é unha destas apostas.
Pero para poder desenvolver esta actuación, cuxo investimento está financiado polo Plan Concellos 2022-2023 da Deputación Provincial, é obrigatorio que o Concello sexa o titular dos terreos. Así o dispón as Bases Reguladoras do Plan, publicadas no BOP número 230 de 27 de novembro de 2021, que no seu punto 8.1.6 , referente á titularidade, recolle que o Concello deberá ser, en todo caso, titular dos bens, instalacións ou terreos nos que se van executar os investimentos.
Ademáis neste acordo a Comunidade autoriza as servidumes de paso necesarias e xustificadas. O prazo de cesión será por tempo indefinido en favor do Concello de A Cañiza, e en tanto se manteña o fin para o que se fai a cesión e a Comunidade non cobrará ningún tipo de arrendamento ou canon. En contraprestación o Concello permitirá gratuitamente á Comunidade o uso das instalacións emprazadas na parcela.
Ademáis o Concello asume as responsabilidades e danos nas infraestruturas así como a responsabilidade civil, comprometéndose a subscribir e manter actualizados anualmente os seguros.
Grazas a esta cesión o Concello poderá desenvolver este importante proxecto polo que o Alcalde Luis Piña quixo agradecer “a colaboración e axuda desinteresada prestada pola CMVMC da Lamosa, que dende o primeiro momento acolleu a proposta municipal como unha actuación comunitaria que beneficiará non soamente A Cañiza, senon tamén ao Concello de Covelo e a súa contorna”.
Novo aparcamento urbano
O Alcalde Luis Piña anunciou a aprobación do proxecto de expropiación e recuperación paisaxística dun novo estacionamento no lugar denominado «Chan de Lourido», unha zona arbolada de máis de 9.000 m2 situada no lugar do Regueiro na subida que conduce hacia a Casa de Cultura.
Este Plan Especial contempla a delimitación das parcelas privadas e regulación dos novos usos previstos de estacionamento, ademáis dun plan de expropiacións e un proxecto básico e de execución de arquitectura.
Este proxecto arquitectónico e paisaxístico propón que o novo párking sexa unha continuidade do espazo público e non unha imposición. Por iso terase especial cuidado na conexión cos viais existentes e os novos accesos evitando o deseño de viais asfaltados.
O proxecto de novo parking entende que os aparcamentos non son unha explanada asfaltada para vehículos senón unha oportunidade para xerar un novo espazo público e erde, froito dunha recuperación paisaxística. Unha parte desta nova zona está en pendente polo que será tratada cunha solución de bancadas construidas con muro de perpiaño de granito da zona. Ademáis esta actuación xogará co arbolado existente que se tomará como referencia para organizar o espazo deste estacionamento. Así tamén se poderá garantir a creación de islas de calor.
Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña “esta actuación dará resposta ás necesidades da veciñanza e dos visitantes de dotar ao núcleo urbano dun espazo máis amplo para aparcamento, co obxectivo de mellorar o benestar dos veciños e ofrecer uns servizos obrigatorios de calidade, sen comprometer outras actuacións de desenvolvemento urbanístico como será a urbanización e humanización da Rúa do Regueiro. Zona que na actualidade acolle gran cantidade de vehículos”.