Mondariz | O presidente do Casino de Vilasobroso, Francisco Rico Carvalho, convida aos actos con motivo do Centenario do Casino os días 26, 27 e 28 de xullo co descobremento dunha placa conmemorativa e á actuación do Grupo de Gaitas Os Muíños de Oliveira.
O evento, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, permitirá tamén a visualización do documental de Xan Leira “Casino de Vilasobroso, o camiño ao Centenario” e da exposición “Casino de Vilasobroso. Centenario”.